No marco da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, esta xornada abordará a relación entre a somnolencia e a sinistralidade viaria, prestando especial atención aos factores que inflúen na súa aparición e ás medidas de prevención, así como ás particularidades do risco no ámbito do transporte por estrada.
A xornada contará coa participación de profesionais do Subsector de Tráfico de Pontevedra, da Unidade de Trastornos Respiratorios do Sono, do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, do ISSGA e de Asetranspo, e incluirá un taller práctico con simulador de alta inmersión e gafas de realidade virtual, a cargo de Asepeyo.
Podedes consultar máis información e realizar a inscrición a través da web do ISSGA.
Fecha: 23 de octubre de 2026
Hora: 10 h.
Lugar Centro Issga de Pontevedra